VÍDEOS EXPLÍCOCHE MATEMÁTICAS 2.0

EXPLÍCOCHE MATEMÁTICAS!
Imaxe obtida na web de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas (USC)
  • 2 MINUTOS...
  • UN VÍDEO... PARA CONTAR ALGO DE MATES...
  • ... E EN GALEGO

Toca botarlle un pouco de imaxinación e explicar en galego algún concepto/resultado/curiosidade matemática, e, a ser posible, de xeito ameno e creativo. Xa sabedes, se saen cousas interesantes... enviámolas a participar no concurso.

Aquí tendes as bases do ano pasado:CONCURSO EXPLÍCOCHE MATEMÁTICAS 2.0

E neste enlace está a canle de Youtube cos vídeos subidos nestes anos; a verdade que hai de todo!: https://www.youtube.com/channel/UCyYYmSFIdJh-zILXnpWlcvA


Como traballo de clase valorarei:
1) A corrección e claridade da explicación matemática: dos conceptos e da forma de expresalos e comunicalos.
2) O "Story Board" ou guión previo tipo "cómic", con escenas e diálogos: ben completo e facendo revisións coas suxestións da profesora, cumprindo o prazo.
3) A calidade do son e da imaxe.
4) A orixinalidade, creatividade e gusto estético. Lembrade, se vos serve, a técnica "121".
PRAZOS:
 1º PRAZO: Venres 2 de marzo finaliza prazo para entregar o StoryBoard.

Comentarios

Entradas populares de este blog

TAREFA POR EQUIPOS: LOGARITMOS

APLICANDO A TRIGONOMETRÍA