Entradas

Mostrando entradas de junio, 2018

APLICANDO A TRIGONOMETRÍA

Imagen
PASO 1: Comezaremos por construir un goniómetro (ou clinómetro) para medir ángulos respecto da horizontal. Podedes seguir as ideas destes vídeos: Unha vez que entendades cómo funciona, pasaremos a aplicalo no noso entorno para calcular distancias accesibles e inaccesibles. PASO 2:  Debedes saír ao patio e elixir unha altura "accesible" e outra "inaccesible". Ides calculalas grazas ao goniómetro e á trigonometría e logo elaborar un informe dixital explicando todo o proceso. PASO 3: O traballo terá formato de texto ou presentación de diapositivas ou un vídeo; e terá estas partes: 1. PRESENTACIÓN DO PROBLEMA QUE QUEREDES RESOLVER. 2. TRABALLO DE CAMPO: Recollida e presentación dos datos, explicando cómo se obtiveron. 3. RESOLUCIÓN DO PROBLEMA: Boceto e datos; cálculos trigonométricos; conclusións obtidas.

DATOS MARUMASAT II

Este é o enlace ao blog do MARUMASAT; ao final da entrada están os datos do MARUMASAT II: https://axencianosa.wordpress.com/marumasat-ii/   Clicando no enlace, accedemos a unha folla de cálculo compartida con Drive, que podemos abrir como folla de cálculo do GoogleDrive para traballar con esas variables e crear gráficos que nos axuden a entendelas mellor e relacionalas entre si: https://drive.google.com/file/d/0BxmeGLiDbRQ4eE04aENTXzlHaEU/view  

AVALIAR TAMÉN Á PROFE

Hoxe, último día de clase deste curso... tócalle tamén á profe que a avalíes. A idea é recopilar información e ideas vosas que lle permitan ir mellorando o seu xeito de dar a clase de matemáticas. Moitas grazas pola vosa aportación!! Cargando...

COAVALIACIÓNS DOS VÍDEOS

Nos seguintes enlaces ides avaliar os traballos dos vosos compañeiros, unha vez que os vexamos na clase: Para avaliar vídeo de Joel e David: Cargando... Para avaliar vídeo de Saad e Alejandro R: Cargando... Para avaliar vídeo de Alba, Rocío e Álex S: Cargando... Para avaliar vídeo de Laura, Martín e Sara: Cargando... Para avaliar vídeo de Yago, Sergio e Jose: Cargando... Para avaliar vídeo de Samuel, Nathalia e Fátima: Cargando... Para avaliar vídeo de Antón e Asier: Cargando...