Entradas

APLICANDO A TRIGONOMETRÍA

Imagen
PASO 1:
Comezaremos por construir un goniómetro (ou clinómetro) para medir ángulos respecto da horizontal. Podedes seguir as ideas destes vídeos:





Unha vez que entendades cómo funciona, pasaremos a aplicalo no noso entorno para calcular distancias accesibles e inaccesibles.

PASO 2: 
Debedes saír ao patio e elixir unha altura "accesible" e outra "inaccesible". Ides calculalas grazas ao goniómetro e á trigonometría e logo elaborar un informe dixital explicando todo o proceso.


PASO 3:
O traballo terá formato de texto ou presentación de diapositivas ou un vídeo; e terá estas partes:

1. PRESENTACIÓN DO PROBLEMA QUE QUEREDES RESOLVER.

2. TRABALLO DE CAMPO: Recollida e presentación dos datos, explicando cómo se obtiveron.

3. RESOLUCIÓN DO PROBLEMA: Boceto e datos; cálculos trigonométricos; conclusións obtidas.


DATOS MARUMASAT II

Este é o enlace ao blog do MARUMASAT; ao final da entrada están os datos do MARUMASAT II:

https://axencianosa.wordpress.com/marumasat-ii/


Clicando no enlace, accedemos a unha folla de cálculo compartida con Drive, que podemos abrir como folla de cálculo do GoogleDrive para traballar con esas variables e crear gráficos que nos axuden a entendelas mellor e relacionalas entre si:

https://drive.google.com/file/d/0BxmeGLiDbRQ4eE04aENTXzlHaEU/view

AVALIAR TAMÉN Á PROFE

Hoxe, último día de clase deste curso... tócalle tamén á profe que a avalíes.
A idea é recopilar información e ideas vosas que lle permitan ir mellorando o seu xeito de dar a clase de matemáticas.
Moitas grazas pola vosa aportación!!


Cargando...

COAVALIACIÓNS DOS VÍDEOS

Nos seguintes enlaces ides avaliar os traballos dos vosos compañeiros, unha vez que os vexamos na clase:

Para avaliar vídeo de Joel e David:

Cargando...

Para avaliar vídeo de Saad e Alejandro R:

Cargando...

Para avaliar vídeo de Alba, Rocío e Álex S:

Cargando...

Para avaliar vídeo de Laura, Martín e Sara:

Cargando...

Para avaliar vídeo de Yago, Sergio e Jose:
Cargando...

Para avaliar vídeo de Samuel, Nathalia e Fátima:

Cargando...

Para avaliar vídeo de Antón e Asier:

Cargando...

ESTATÍSTICA BIDIMENSIONAL

Como podemos saber se dúas variables estatísticas están relacionadas entre si? 
    De iso trata a "ESTATÍSTICA BIDIMENSIONAL"

Aquí tendes un par de vídeos para introducir o tema:

https://www.youtube.com/watch?v=A7xfz7Ug33E

https://www.youtube.com/watch?v=191XaR4U6c0


VÍDEOS EXPLÍCOCHE MATEMÁTICAS 2.0

Imagen
EXPLÍCOCHE MATEMÁTICAS!
Imaxe obtida na web de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas (USC) 2 MINUTOS...UN VÍDEO... PARA CONTAR ALGO DE MATES...... E EN GALEGO
Toca botarlle un pouco de imaxinación e explicar en galego algún concepto/resultado/curiosidade matemática, e, a ser posible, de xeito ameno e creativo. Xa sabedes, se saen cousas interesantes... enviámolas a participar no concurso.

Aquí tendes as bases do ano pasado:CONCURSO EXPLÍCOCHE MATEMÁTICAS 2.0

E neste enlace está a canle de Youtube cos vídeos subidos nestes anos; a verdade que hai de todo!: https://www.youtube.com/channel/UCyYYmSFIdJh-zILXnpWlcvA


Como traballo de clase valorarei: 1) A corrección e claridade da explicación matemática: dos conceptos e da forma de expresalos e comunicalos.
2) O "Story Board" ou guión previo tipo "cómic", con escenas e diálogos: ben completo e facendo revisións coas suxestións da profesora, cumprindo o prazo.
3) A calidade do son e da imaxe.
4) A orixinalidad…

TAREFA POR EQUIPOS: LOGARITMOS

Imagen
LOGARITMOS NA VIDA REAL
2 VÍDEOS DE INTRODUCIÓN:  https://www.youtube.com/watch?v=dlQv-dWbppo https://www.youtube.com/watch?v=BVNl8_9L67k
Esta tarefa de investigación dividirase en dúas partes, una vez conformados os equipos debedes elixir a temática na que vos centraredes cada equipo, entre as seguintes: Logaritmos nas Estrelas Logaritmos nos Terremotos  Logaritmos nos Sons e ruídos Música e Logaritmos


1ª PARTE: Elaboración dun traballo/póster/... que deberá incluir estes apartados: CONCEPTO DE LOGARITMO. EXEMPLOS.HISTORIA; MATEMÁTICOS RELACIONADOS E POR QUE SE INVENTARONAPLICACIÓNS (Centrándovos na temática elixida por vós):Conceptos básicos do tema FÓRMULAS nas que aparecen logaritmos. Que é una ESCALA LOGARÍTMICA e aplicación para o voso caso. WEBGRAFÍA EMPREGADAAUTOVALORACIÓN DO VOSO TRABALLO
              Algunhas webs interesantes: Música;Música2; PentagramaHistoriaHistoria2; Aplicacións; Aplicacións2; Aplicacións3; TerremotosEscalaRitcherEscalas logarítmicas; 3aplicaciónsEscalas; A…