APLICANDO A TRIGONOMETRÍA

PASO 1:
Comezaremos por construir un goniómetro (ou clinómetro) para medir ángulos respecto da horizontal. Podedes seguir as ideas destes vídeos:





Unha vez que entendades cómo funciona, pasaremos a aplicalo no noso entorno para calcular distancias accesibles e inaccesibles.

PASO 2: 
Debedes saír ao patio e elixir unha altura "accesible" e outra "inaccesible". Ides calculalas grazas ao goniómetro e á trigonometría e logo elaborar un informe dixital explicando todo o proceso.


PASO 3:
O traballo terá formato de texto ou presentación de diapositivas ou un vídeo; e terá estas partes:

1. PRESENTACIÓN DO PROBLEMA QUE QUEREDES RESOLVER.

2. TRABALLO DE CAMPO: Recollida e presentación dos datos, explicando cómo se obtiveron.

3. RESOLUCIÓN DO PROBLEMA: Boceto e datos; cálculos trigonométricos; conclusións obtidas.


Comentarios

Entradas populares de este blog

TAREFA POR EQUIPOS: LOGARITMOS

VÍDEOS EXPLÍCOCHE MATEMÁTICAS 2.0