Entradas

APLICANDO A TRIGONOMETRÍA

Imagen
PASO 1: Comezaremos por construir un goniómetro (ou clinómetro) para medir ángulos respecto da horizontal. Podedes seguir as ideas destes vídeos: Unha vez que entendades cómo funciona, pasaremos a aplicalo no noso entorno para calcular distancias accesibles e inaccesibles. PASO 2:  Debedes saír ao patio e elixir unha altura "accesible" e outra "inaccesible". Ides calculalas grazas ao goniómetro e á trigonometría e logo elaborar un informe dixital explicando todo o proceso. PASO 3: O traballo terá formato de texto ou presentación de diapositivas ou un vídeo; e terá estas partes: 1. PRESENTACIÓN DO PROBLEMA QUE QUEREDES RESOLVER. 2. TRABALLO DE CAMPO: Recollida e presentación dos datos, explicando cómo se obtiveron. 3. RESOLUCIÓN DO PROBLEMA: Boceto e datos; cálculos trigonométricos; conclusións obtidas.

DATOS MARUMASAT II

Este é o enlace ao blog do MARUMASAT; ao final da entrada están os datos do MARUMASAT II: https://axencianosa.wordpress.com/marumasat-ii/   Clicando no enlace, accedemos a unha folla de cálculo compartida con Drive, que podemos abrir como folla de cálculo do GoogleDrive para traballar con esas variables e crear gráficos que nos axuden a entendelas mellor e relacionalas entre si: https://drive.google.com/file/d/0BxmeGLiDbRQ4eE04aENTXzlHaEU/view  

AVALIAR TAMÉN Á PROFE

Hoxe, último día de clase deste curso... tócalle tamén á profe que a avalíes. A idea é recopilar información e ideas vosas que lle permitan ir mellorando o seu xeito de dar a clase de matemáticas. Moitas grazas pola vosa aportación!! Cargando...

COAVALIACIÓNS DOS VÍDEOS

Nos seguintes enlaces ides avaliar os traballos dos vosos compañeiros, unha vez que os vexamos na clase: Para avaliar vídeo de Joel e David: Cargando... Para avaliar vídeo de Saad e Alejandro R: Cargando... Para avaliar vídeo de Alba, Rocío e Álex S: Cargando... Para avaliar vídeo de Laura, Martín e Sara: Cargando... Para avaliar vídeo de Yago, Sergio e Jose: Cargando... Para avaliar vídeo de Samuel, Nathalia e Fátima: Cargando... Para avaliar vídeo de Antón e Asier: Cargando...

ESTATÍSTICA BIDIMENSIONAL

    Como podemos saber se dúas variables estatísticas están relacionadas entre si?      De iso trata a "ESTATÍSTICA BI DIMENSIONAL" Aquí tendes un par de vídeos para introducir o tema:   https://www.youtube.com/watch?v=A7xfz7Ug33E https://www.youtube.com/watch?v=191XaR4U6c0

VÍDEOS EXPLÍCOCHE MATEMÁTICAS 2.0

Imagen
EXPLÍCOCHE MATEMÁTICAS! Imaxe obtida na web de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas (USC) 2 MINUTOS... UN VÍDEO ... PARA CONTAR ALGO DE MATES... ... E EN GALEGO Toca botarlle un pouco de imaxinación e explicar en galego algún concepto/resultado/curiosidade matemática, e, a ser posible, de xeito ameno e creativo. Xa sabedes, se saen cousas interesantes... enviámolas a participar no concurso. Aquí tendes as bases do ano pasado: CONCURSO EXPLÍCOCHE MATEMÁTICAS 2.0 E neste enlace está a canle de Youtube cos vídeos subidos nestes anos; a verdade que hai de todo!: https://www.youtube.com/channel/UCyYYmSFIdJh-zILXnpWlcvA Como traballo de clase valorarei: 1) A corrección e claridade da explicación matemática : dos conceptos e da forma de expresalos e comunicalos. 2) O "Story Board" ou guión previo tipo "cómic", con escenas e diálogos : ben completo e facendo revisións coas suxestións da profesora , cumprindo o prazo. 3) A calidade d

TAREFA POR EQUIPOS: LOGARITMOS

Imagen
LOGARITMOS NA VIDA REAL 2 VÍDEOS DE INTRODUCIÓN:  https://www.youtube.com/watch?v=dlQv-dWbppo https://www.youtube.com/watch?v=BVNl8_9L67k Esta tarefa de investigación dividirase en dúas partes, una vez conformados os equipos debedes elixir a temática na que vos centraredes cada equipo, entre as seguintes: Logaritmos nas Estrelas Logaritmos nos Terremotos  Logaritmos nos Sons e ruídos Música e Logaritmos 1ª PARTE: Elaboración dun traballo/póster/... que deberá incluir estes apartados: CONCEPTO DE LOGARITMO. EXEMPLOS. HISTORIA; MATEMÁTICOS RELACIONADOS E POR QUE SE INVENTARON APLICACIÓNS (Centrándovos na temática elixida por vós) : Conceptos básicos do tema FÓRMULAS nas que aparecen logaritmos. Que é una ESCALA LOGARÍTMICA e aplicación para o voso caso. WEBGRAFÍA EMPREGADA AUTOVALORACIÓN DO VOSO TRABALLO               Algunhas webs interesantes: Música; Música2 ; Pentagrama ;  Historia ;  Historia2 ; Aplicación